A pintura foi encomendada polo goberno republicano para a Exposición Universal, que tivo lugar en París en 1937. Poucos meses antes, sucedera o bombardeo da cidade vasca de Guernica polos avións alemáns. O número de persoas inocentes mortas é moi grande. A destrución da cidade era practicamente completa.
Como a imaxe iba a ser exhibida en París, os estranxeiros tiñan de asociar a España con ela, por iso aparecen animais coma o touro ou o cabalo. A imaxe transcende a guerra civil española para facerse representante da dor e morte causada por calquera guerra.
Picasso e as características do cubismo reúnense neste traballo: ningunha terceira dimensión, os corpos son decompostos para tomar puntos de vista diferentes, corpos e obxectos esquemáticamente pintadas.